A Deputación esixe a Feijóo e Rajoy que paralice a venda de NGB, garantindo empregos e aforros
– A Xunta de Goberno aprobou unha declaración institucional coa que o Goberno Provincial demanda á Xunta e ó Executivo Central que garanta o caracter público desta entidade, os aforros dos lucenses con preferentes, as oficinas no rural e os traballos que xera en Lugo
– Martínez subliña que “Feijóo ten que explicar porque agocha o informe sobre Novagalicia Banco cando se pagou con cartos públicos, gastando 1 millón de euros”. Por este motivo, con este texto tamén se demanda que se aclaren as xestión políticas realizadas
A Xunta de Goberno Provincial aprobou este venres unha declaración institucional coa que a Deputación de Lugo esixe a Feijóo e Rajoy que paralicen a venda de Novagalicia Banco co fin de garantir o seu caracter público, os aforro dos lucenses con participacións preferentes, os empregos que esta entidade xera na provincia, e as oficinas de NGB no rural lugués. O organismo provincial demanda ós Presidente da Xunta e o Goberno Central que aclaren, ademais, as xestións políticas realizadas.
O voceiro socialista, Manuel Martínez, remarcou que “antes de chegar Feijóo tiñamos dúas caixas e agora estamos a piques de perder a única entidade pública de capital galego. Isto suporá a destrución de centos de empregos na provincia, a desertización do rural co peche de oficinas e o incremento da inseguridade xa que moitos maiores desprazaranse para retirar de xeito completo as súas pensións e gardalas nas casas. Feijóo ten que explicar porque agocha o informe sobre NGB cando se pagou con cartos públicos, gastando 1 millón de euros”.
Reclamacións
Con esta declaración institucional, o organismo provincial lugués realiza as seguintes reclamacións:
1º.- Instar ó Ministerio de Economía e Competividade a que paralice a venda de NGB e que proceda a converter a esta entidade, dada a súa composición accionarial maioritariamente pública, nunha entidade de crédito de carácter público.
2º.- Solicitar do Ministerio de Economía e Competividade que garanta o aforro dos titulares de participacións preferentes e capital subordinado impedindo unha quita no valor das mesmas.
3º.- Demandar do Ministerio de Economía e Competividade o seu compromiso co emprego en NGB e, xa que logo, a súa oposición a unha redución de plantilla na entidade nos termos que vén de solicitar a Comisión Europea.
4º.- Reclamar do Ministerio de Economía e Competividade o mantemento das oficinas de NGB nos Concellos da Galicia rural e, por conseguinte, a paralización do plano de peche das mesmas a fin de que o proceso de reestruturación financeiro non opere como un factor de desequilibrio territorial.
5º.- Esixir ós Presidentes da Xunta de Galicia e Goberno Central que den explicacións da xestión política levada a cabo con respecto a NovaGalicia Banco, e que den a esta entidade financeira o mesmo trato que o concedido a outras entidades como Bankia, defendendo un marco territorial financeiro galego que garanta a viabilidade de dito Banco.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



