Cervo, Alfoz e O Valadouro formarán a 27 desempregados a través do obradoiro de emprego concedido pola Xunta
-No municipio cervense serán 13 os parados que participarán nesta acción de capacitación laboral
Cervo, 6 de novembro de 2012-Os concellos de Cervo, Alfoz e O Valadouro xa teñen concedido o obradoiro de emprego que solicitaron conxuntamente e que permitirá formar a un total de 27 persoas en situación de desemprego durante un período de seis meses. A Xunta, que promove e financia esta iniciativa dirixida a maiores de 25 anos, aprobou accións formativas en dúas especialidades: atención sociosanitaria a persoas no domicilio; e instalación e mantemento de xardín e zonas verdes, actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. En concreto, Cervo formará a 13 parados nestes dous campos laborais.
A edil de Emprego, Yolanda Pedreira, asegura que este tipo de iniciativas son “fundamentais” para pouco a pouco “ir dando pasos de cara á inserción laboral, especialmente de persoas en risco de exclusión”. Pedreira destaca tamén a dobre vertente dos obradoiros de emprego, que permiten “formar e capacitar laboralmente a persoas en paro” ao mesmo tempo que as pactuacións que realiza o alumnado “redundan en beneficio do municipio, da veciñanza e do seu benestar”. Unha acción que combina a cualificación profesional, asistindo a clases teóricas, coa adquisición de experiencia laboral, mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública. “O beneficio é colectivo” engade Pedreira.
Cabe destacar ademais que este obradoiro está programado para que os participantes poidan obter ao seu remate o certificado de profesionalidade, un título moi útil na procura de emprego e que acredita ao alumno de ter coñecementos para afrontar un traballo no eido laboral no que se formou.
Nos últimos días o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e os rexedores de Alfoz e O Valadouro, Emilio Lousas e José Manuel Lamela respectivamente reuníronse para abordar os últimos detalles organizativos
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



