NO PLENO DE MAÑÁ SOMETERANSE A APROBACIÓN AS MODIFICACIÓNS DE DÚAS ORDENANZAS E TAMÉN UN EXPEDENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA, ENTRE OUTROS ASUNTOS.
Burela, 28 de novembro de 2012. No pleno que se celebrará mañá no Concello de Burela someteranse a aprobación a modificación da ordenanza municipal de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial e a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola ocupación de edificios ou dependencias municipais.
Desde o equipo de goberno explican que “a modificación da ordenanza municipal de tráfico implicará mellorar os servizos que ofrecemos aos veciños, porque algúns estaban solicitando vaos para poder acceder a solares, fincas que teñen todos os servizos (beirarrúa, alumeado, auga, etc.) porque aínda hai moitos solares no casco urbano de Burela que se destinan por exemplo a cultivos agrarios e non se pode acceder a eles cun coche e un remolque porque a ordenanza tal e como está non o permite. Entón hai veciños que piden licenza de vao para poder acceder a eses solares e esa modificación da ordenanza facilitaralles precisamente o acceso con vehículos rodados aos solares”.
A modificación da ordenanza de uso dos locais municipais suporá que queda restrinxido ás agrupacións que están legalmente constituídas e rexistradas e para entidades. “Estabamos detectando usos non moi coherentes coa natureza dos locais municipais, que deben servir para actividades de tipo cultural, de difusión de eventos, etc, pero non para certos cometidos que vimos que se estaban producindo desde a entrada en vigor da ordenanza tal e como está. Non era en gran cantidade, pero isto convén atallalo canto antes”, sinalan desde o equipo de goberno.
Outro dos asuntos que se abordará na sesión plenaria de mañá, xoves, someterase a aprobación a proposta de nomeamento dos representantes dos distintos centros educativos. Desde o equipo de goberno indican que “nos consellos escolares seguirán os mesmos representantes do Concello que había ata o de agora, pero nomearase un máis no consello escolar da escola municipal de música, que se constitúe agora a raíz de que o ano pasado aprobaramos o regulamento de funcionamento da escola. Desde o Concello nese consello escolar estará a concelleira de cultura e educación, Mónica Pedre”.
O orde do día do pleno tamén inclúe un expedente de modificación orzamentaria que ten que ver co Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial de Lugo. “No orzamento deste ano existía consignación orzamentaria para o POS, pero como a Deputación pasou o ano e non deu sinais de vida no que se refire ao POS ata hai quince días chegamos a pensar que este ano non ia haber dito plan de obras de servizos. E nosoutros por necesidades orzamentarias tivemos que esgotar esa partida entón agora hai que xerar crédito para poder aceptar o POS deste ano” e engaden desde o equipo de goberno de Burela que “ademais a Deputación veu con presas porque onte tivemos que ter todo en Lugo, o que obrigou a un traballo adicional. Non entendemos como pode ocorrer isto na Deputación Provincial, é o primeiro ano que pasa isto. Antes o POS como moi tarde en xuño estaba andando. A obra que vamos incluír para o Plan de Obras e Servizos deste ano é o acondicionamento parcial do camiño de Cotos a Ril”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



