Logo de que na pasada sesión plenaria se rescindise do contrato da empresa adxudicataria da obra
O PP de Ribadeo pregúntalle ao alcalde quen vai rematar a construcción do pavillón ribadense
.López Penabad manifestou que á hora de adxudicar unha obra, a alcaldía ten que mirar con detenemento a situación da empresa
Ribadeo 4 de decembro de 2012.- O Presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad preguntou ao rexedor ribadense, Fernando Suárez, quen rematará a construcción do pavillón ribadense logo de que na pasada sesión plenaria se rescindise do contrato da empresa adxudicataria
López Penabad non culpa a alcaldía dos problemas da empresa pero si afirma que unha alcaldía sempre ten que mirar con detenemento como se atopa a empresa á que adxudica a obra.
O popular lembrou que o rexedor ribadense conta cunha partida de 2.333.30,12€ para a construcción do pavillón e no tocante a mellora da UTE a cuantía económica era de máis de un millón de euros.
Conclúe o Presidente do PP de Ribadeo lembrando que o rexedor ribadense comprometeuse a rematar a obra en xullo do 2013 polo que agarda que esta construcción, tan demandada e necesaria, esté finalizada.