O ALCALDE ASEGURA QUE QUEN ACTÚA DE XEITO CRISPADO NOS PLENOS É O VOCEIRO POPULAR. SUÁREZ BARCIA CONVIDA Á VECIÑANZA A ASISTIR ÁS SESIÓNS PARA QUE VEXAN O QUE ACONTECE REALMENTE.
Ribadeo, 4 de decembro de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o que actúa de xeito crispado nos plenos é o voceiro popular e convida a veciños e veciñas a asistir a estas sesións para que vexan o que acontece realmente. Deste xeito resposta ás críticas vertidas nas últimas horas polo grupo municipal do PP.
O rexedor ve “con sorpresa e con tristura estas declaracións, que pouco menos que acusan ao alcalde de comportamento ditatorial nos plenos, etcétera”. Suárez Barcia cre que “se debe comparar a nosa etapa ao fronte do goberno municipal con épocas pasadas, precisamente gobernando o Partido Popular, para ver cando un é ditador ou non. Porque desde o goberno municipal lles ofrecemos entrar na xunta de goberno, membros do Partido Popular foron designados e están agora mesmo en órganos con representación municipal como os consellos escolares, teñen cumprida información de todos os asuntos cruciais e participan deles e toman decisións como si fosen goberno, como pode ser no plan xeral de ordenación municipal, teñen despacho e asignación económica os grupos da Corporación como nunca antes tiveron. É dicir, que se compare todo o que está pasando a día de hoxe co que ocorreu en momentos anteriores e pretéritos”.
O alcalde ribadense lembra que “sempre busquei en todo o tempo que levo na política activa consenso entre todos os grupos e seguireino a facer, antes sen maioría e agora con ela, pero sempre coa mesma idea clara de loita polo ben deste pobo. Pero vexo efectivamente que nos plenos estase desatando unha agresividade verbal por parte do portavoz do PP da que nunca quixemos comentar nada, pero non nos gusta a crispación, a agresividade e o comportamento que está chamando a atención. Moléstanse ás veces porque lles chamamos hipócritas e o toman como un insulto. Nosoutros si dicimos que son hipócritas cando nos piden que baixemos os impostos cando nós os conxelamos e Feijoo e Rajoy o que fan é subilos non é un insulto, é un cualificativo”.
Para saír de dúbidas Fernando Suárez fai un chamamento “a toda a veciñanza para que veñan aos plenos, que son públicos, para que vexan precisamente cal é o comportamento, cales son as formas, cales son as maneiras de todos e cada un dos representantes do pobo”.
E engadiu que “desde logo é moi reprobable como fan membros do Partido Popular, que non son nin concelleiros siquera, que en momentos nos que o goberno municipal está investindo como nunca no hospital asilo de Ribadeo eles o que están facendo é descafeinar todas estas actuacións, como é o cambio de toda a carpintería de exteriores, e como aproveitan para ir alí facerse fotos con xente que non está na súa plenitude mental. É algo que nos parece pouco adecuado como un lugar para ir facer política e é algo que criticamos e por iso non nos deben chamar ditadores, senón que estamos dicindo honestamente o que pensamos: que estamos moi a desgusto con esta política de emporcar e de agresividade verbal como nunca pasou no Concello de Ribadeo nos últimos anos”.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



