Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela, queremos informar ós veciños de Burela que o vindeiro venres 21 de decembro imos a celebrar, en colaboración coa Plataforma de afectados polos abusos das compañías eléctricas, unha charla-coloquio sobre os abusos que as compañías eléctricas cometen contra os usuarios. Nesta charla que entendemos de moito interés para os veciños e veciñas de Burela, imos a contar con José Luís Moñita, Joaquín Guillén e Antonio Pillado, todos eles membros da Plataforma.
A charla vai a celebrarse o vindeiro venres día 21 no Salón de Conferencias (antiga biblioteca) de Burela e o seu comezo será ás 20:30 horas.
Dende o PSdG-PSOE entendemos esta charla moi interesante de cara a que os veciños e veciñas poidan coñecer da man de expertos as prácticas pouco legais que usan as compañías eléctricas e tamén poderemos saber como deberemos de actuar para defender os nosos dereitos fronte a estes abusos.
Por todo o anteriormente exposto, convidamos a todos aqueles veciños e veciñas interesados neste asunto que acudan a esta charla onde seguro que poderán resolver moitas das dúbidas que teñan con respecto a este asunto.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



