XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 – IVª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2012/2013)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIA DA 10ª TIRADA
(Centro Social de LAGO – Sábado, 15 de decembro 2012)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO ( 15 DECEMBRO 2012)
31 INSCRITOS: 20 NA LIGA SENIOR, 4 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 240 | 12 |
| SEGUNDO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 221 | 10 |
| TERCEIRO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 217 | 8 |
| CUARTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 207 | 7 |
| QUINTO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 187 | 6 |
| SEXTO | JOSE VIGO LAGE | 173 | 5 |
| SÉTIMO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 173 | 4 |
| OITAVO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 170 | 3 |
| NOVENO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 156 | 2 |
| DÉCIMO | JORDI MEITÍN SERANTES | 146 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 64 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁDEZ | 88 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 84 | 4 |
| TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 50 | 3 |
| CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 45 | 2 |
| QUINTO | 1 | ||
| MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 44 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 84 | 6 |
| SEGUNDO | MARTA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ | 78 | 4 |
| TERCEIRO | PAULA CAMPO SUÁREZ | 44 | 3 |
| CUARTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 39 | 2 |
| QUINTO | CARMEN ROCA CORRAL | 34 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 32 | 1 |
Primeira tirada da segunda volta, quedando 8 tiradas para rematar a tempada.
Tarde fria e campo duro que fixo que os tanteos fosen bastante baixos para o que é normal neste campo.
Liga Senior Masculina.- Novo cambio na cabeza, con José Rafael González líder con 81 puntos grazas á súa victoria, sendo o único xogador que puntuou en tódalas tiradas deste tempada. Segundo Arturo Vigo cos mesmos 71 puntos, seguido de Carlos Javier Rodríguez con 67, Sócrates Campo con 63 e César Cancelos con 54, quen por primeira vez nesta tempada non puntuou. Temos, polo tanto, unha clasificación moi apretada, con contínuos cambios nas primeiras posicións e que promete unha segunda volta moi reñida.
Liga Senior Feminina.- Sorpresa nesta categoría, xa que a líder Carmen Roca, despois de catro victorias consecutivas, só logrou ser quinta nesta tirada de Lago; inda así, é líder sólida con 43 puntos, ampliando a súa vantaxe sobre Belén Meitín que é segunda con 34 puntos. A victoria de Concepción Piñeiro permítelle acceder ao 3º posto con 26 puntos, e detrimento de Dolores Baño, que pasa a 4ª cont 24. Moi ben tamén Paula Campo, que comezou prácticamente este ano a competir, e está 5ª con 16 puntos, e mellorando día a día. En resumo, temos dúas favoritas claras como Carmen Roca e Belén Meitín, pero bueno, a falla de 8 tiradas inda poden pasar moitas cousas e dar un volco a clasificación.
Liga Sub 16.- Daniel López sigue imparable conseguindo a súa 4ª victoria consecutiva, liderando comodamente a clasificación con 56 puntos, 12 máis ca Salomé Cardoso; a vixente campiona é a única que aguanta ao líder, xa que por detrais dela Isaias Cardoso estase a mostrar moi irregular. Lara Rodríguez, unha das xogadoras máis xoves (10 anos), está mostrando xa moi boas maneiras, e como siga así vai a converterse nun futuro non moi lonxano nunha das grandes xogadoras do campionato.
A vindeira tirada, e SEGUNDA TIRADA DA SEGUNDA VOLTA, vai ter lugar no Club de Palmeiro vindeiro SÁBADO 12 DE XANEIRO DO VINDEIRO ANO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde). Polo tanto, toca descanso, cando comezaremos novamente o campionato despois de pasado o Nadal.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
