O pasado sábado, día 26, entregáronse na Casa da Cultura de Alfoz os premios ós rapaces do concello nos certames de Poesía e Postais de Nadal. Despois da entrega de premios o Grupo de Teatro do Taller de Memoria de Lourenzá representou a divertida obra de teatro titulada “Cursiño antimachista”. A lista de premiados no certame de poesía foi a seguinte: 1º.- Pablo Goás Pardiñas; 2º- Clara Rodríguez Reges; 3º- Sonia Fernández Vidal. E no de postais a seguinte: Javier Alvariño Gil; Sergio Cao Vieito; Victor Candía Paz; Noa Valea Iglesias; Eva Geada Díaz; Juan Reges. Trobo.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



