O Concello de Alfoz acolle diversos actos culturais para a vindeira fin de semana. O día 26 de xaneiro ás 20:00 horas, o grupo de teatro do taller de memoria do Concello de Lourenzá visitará a Casa da Cultura de Alfoz para representar a súa obra “Cursiño antimachista”. Tamén o sábado 26 ás 12 da noite no pub Atalaia de Ferreira do Valadouro o trío humorístico Trípode representará o seu espectáculo titulado “Cursiño de primeiros auxilios”. E o domingo 27 de xaneiro, no Centro Sociocultural de Barreiros, o grupo “A Maseira” de Alfoz e O Valadouro representará “Asasinato na tenda de roupa”. Será ás seis da tarde.
Actos culturais Alfoz
Actos culturais Alfoz
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba