O secretario xeral dos populares lucenses empraza ao alcalde de Ribadeo a que abandone dunha vez o radicalismo e a confrontación permanente e acepte a man tendida ofrecida pola Xunta.
BALSEIRO: “SABEMOS DA AFECCIÓN DE SUÁREZ BARCIA POLAS PANCARTAS, PERO AGORA O QUE TOCA É SENTARSE NOS DESPACHOS E NEGOCIAR”
O PP ten o máximo respecto pola plataforma pro-residencia de Ribadeo pero que nin comprende, nin acepta, nin considera correcta a actitude do alcalde e do BNG en todo este asunto.
Ribadeo, 10 de xaneiro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol dixo hoxe que a pesar de que é pública e notoria a afección do alcalde nacionalista de Ribadeo por andar “tras a pancarta” agora o que corresponde facer por responsabilidade coas seus veciños é “sentarse nos despachos e negociar”. Nesta liña emprazou ao rexedor a que abandone dunha vez o radicalismo e a confrontación permanente e acepte a man tendida ofrecida pola Xunta.
SEMPRE MOLESTO, SEMPRE CRISPADO
Balseiro asegura que a sociedade asiste con perplexidade a actitude crispada dun alcalde ao que todo lle senta mal. Para Suárez Barcia primeiro era un problema que a conselleira de Traballo e Benestar non recibira á plataforma. E agora tamén lle parece un problema o contrario, isto é, que Beatriz Mato si os reciba. Como mínimo terá que empezar por aclararse- asegurou-.
Balseiro explica que a intervención do Partido Popular neste asunto tivo por obxecto responder á necesidade de resolver unha situación que se estaba enquistando. O dirixente popular dixo que os veciños están a pedir ao políticos que resolvamos problemas e non que unha e outra vez esteamos enfrontándonos. O que buscamos o pasado luns e resolver un problema motivado pola actitude permanentemente belixerante do alcalde, incapaz de negociar e chegar a ningún acordo.
XESTIONAR E ESTABLECER PRIORIDADES
O secretario xeral dos populares lucenses di que o PP ten o máximo respecto pola plataforma pro-residencia de Ribadeo pero que nin comprende, nin acepta, nin considera correcta a actitude do alcalde e do BNG en todo este asunto. De feito sinala que si de verdade a construción da residencia fora unha prioridade do equipo de goberno municipal podería ter priorizado o investimento nesta infraestrutura de benestar en vez de destinar preto de tres millóns de euros á construción dun pavillón deportivo, que non digo que non fora necesario pero si que é un servizo estaba cuberto, dado que o concello ten distintas instalacións deportivas deste tipo.
MAL XESTOR: PERDA DO OBRADOIRO
Por outra banda Balseiro asegurou que desde o PP non poden aceptar ningún tipo de leccións sobre boa xestión que veñan do alcalde de Ribadeo e nesa liña lembroulle ao alcalde que que pola súa culpa, incompetencia e falta de interese perdeuse o obradoiro de emprego. “Non pode dar exemplo de boa xestión quen castigou ás persoas, aos seus veciños que máis apoio necesitan neste momento, os desempregados”.
O secretario xeral dos populares lucenses dixo de Suárez Barcia tiña unha oportunidade na reunión de mañá para que a conselleira lle confirmara os motivos que levaron a perder este obradoiro. Aínda que probablemente non o fará para non escoitar o que xa sabe, que presentou a documentación fora de prazo, evitando poñerse así en evidencia e colorado diante de toda a plataforma




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



