Besteiro confirma no Parlamento que a Deputación de Lugo cofinanciará, por vez primeira, os GRUMIR
– Durante a súa comparecencia na Cámara galega para presentar os Orzamentos de 2013, o Presidente explicou que a institución provincial ultima un acordo con Xunta e FEGAMP, segundo o que aportará o 20% do custe dos novos servizos de emerxencias supramunicipais
– Gómez Besteiro pediu no Parlamento a activación urxente da Comisión de Demografía, que recolla unha aportación de todos os grupos políticos e administracións, para “paliar a enfermidade máis grave e silenciosa que ten Galicia”
– Emprego e Benestar Social son as máximas prioridades do Presuposto da Deputación, que ascende a 89,4 millóns, un 4,7% menos que en 2012 debido “fundamentalmente ó novo recorte sorpresa do Goberno central contra o mundo local, ó eliminar o POS”
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, confirmou este venres no Parlamento de Galicia que a institución luguesa cofinanciará, por vez primeira, o funcionamento dos novos grupos de emerxencias supramunicipais da provincia, os antes denominados GRUMIR. Durante a súa comparecencia na Cámara galega para presentar os Orzamentos da Deputación para este 2013, Gómez Besteiro explicou que, no marco da súa aposta polo emprego e a máxima cooperación cos Concellos, a institución provincial “está ultimando coa Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias” dos servizos de emerxencias. A Deputación achegará un 20% do custe que ten na provincia os GRUMIR, a Xunta asumirá o 60% e os Concellos, o 20% restante”.
Gómez Besteiro reclamou, por outra banda, no Parlamento a activación urxente da Comisión de Demografía para “paliar a enfermidade máis grave e silenciosa que ten Galicia. O noso modelo é insostible e non queda prórroga”. Gómez Besteiro demandou que dita comisión “conte coa aportación real de todos os grupos políticos e as diferentes administracións, e non como rematou: nun plan en solitario do Partido Popular, que rexeitou todas as propostas presentadas, incluídas as dos expertos na materia. Pídolles que conten con todos nós”.
O mandatario provincial iniciou a súa comparecencia na Cámara galega para presentar os Orzamento provincial de 2013 advertindo do “gravísimo problema demográfico” porque, argumentou, “nada do que poida dicirlles ten sentido, se non partimos do despoboamento”, que cualificou como o “cancro do século XXI”. “Dende hai 20 anos morren máis galegos dos que nacen, e en 2012 a perda de poboación acelerouse. Galicia perdeu 14.000 habitantes, encabezando a lista en España. Xa non é un problema da Galicia interior, xa non é un problema dunha Galicia de dúas velocidades. So hai unha… pero é unha Galicia de marcha atrás”, subliñou Gómez Besteiro. Como orixe deste despoboamento, á forte baixada da natalidade rexistrada nos últimos anos, o Presidente suma “de novo o cancro da emigración”.
Neste sentido, fixo unha chamada de atención sobre a “falta de concienciación social e reacción política” ante o que os expertos chaman “suicidio demográfico” e sobre as preocupantes repercusións da contracción da poboación: “perda de peso político de Galicia en España, mingua de vitalidade, xeneralización dun conservadorismo conformista que expulsa aínda máis ós mozos, ou esvaece a nosa identidade como pobo”. “Galicia é un país con pasado. Pero, é un país con futuro?”, recalcou. Incidindo na prioridade que debe ter a acción política ante a situación actual, parafraseou a Volteire: “O fin dun goberno sabio debe ser o poboamento do país e o traballo”.
Apostas concretas da Deputación
O Orzamento da Deputación de Lugo para 2013 “pon enriba da mesa apostas concretas” para loitar contra despoboamento, “para a viabilidade socioeconómica”, indicou Besteiro, e ten dous obxectivos: o emprego e o benestar social. O presuposto provincial ascende a 89.462.179,13 euros, un 4,7% menos con respecto a 2012, “fundamentalmente, polo recorte sorpresa, un máis, que aplicou o Goberno central contra o mundo local, privando á provincia de case 3 millóns de euros do Plan de Obras e Servizos para 2013, é dicir, de obras solicitadas polos Concellos”, afirmou o Presidente.
O mandatario provincial explicou as 5 liñas do Orzamento 2013:
1ª.- Crear emprego
2ª.- Reforzar os Servizos Sociais
3ª Disolver o INLUDES e reforzar a cooperación cos Concellos
4º.- Compatibilizar o público con unha boa xestión económica
5º.- Combinar axustes con crecemento























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



