Un ano máis a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña participa na campaña Mentalízate e desenvolve a mesma nos IES Monte Castelo de Burela. A psicóloga e a educadora social da entidade acudirán a impartir charlas informativas co fin de sensibilizar ao alumnado da importancia de eliminar prexuízos e a estigmatización das persoas con enfermidade mental e traballar pola saúde mental, ademais de fomentar hábitos de vida saudables. Mañá darán comezo as primeiras sesións informativas para o alumnado de 3º da ESO e os ciclos de Sáude Ambiental e Coidados Auxiliares de Enfermería e seguirán desenvolvéndose ao longo do mes de febreiro.
Campaña “Mentalízate” no IES Monte Castelo de Burela
Campaña “Mentalízate” no IES Monte Castelo de Burela
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba