¡CETÁCEOS Á VISTA!
A chegada días pasados dun cetáceo á praia dos Castros, no concello de Foz, foi motivo que espertou a atención dos medios e tema de conversa entre a cidadanía, ávida de asuntos afastados dos cotiás de políticos, banqueiros e demais corruptos, que se acubillan baixo o paraugas xenérico da “crise”. Cando feito desta índole se produce, os focegos activamos a memoria histórica e recuamos mais dun século para lembrar cómo o 2 de febreiro de 1908 apareceu en alta mar, preto da barra, algo parecido a un barco coa quilla boca arriba, dende a que aparentaba que uns homes pedían auxilio. Saíron un par de lanchas e, xa fora da barra, decatáronse de que o semellante a un barco envorcado era unha mole similar a unha balea morta que viña cara á ría e o que se tiña por petición de auxilio eran gaivotas que se pousaban sobre o lombo e se erguían ao cubrilo o mar. Ataron un cabo a unha aleta do “monstro” e remolcárono ao punto da praia chamado Pena do Carbón. A balea medía 20 m. de longa; 10 de circunferencia; 4,50 m. a mandíbula e 6 m.a boca.”O volume é tan considerable- di a crónica- que no ventre caben dous bois grandes. Calcúlase o peso en 30 Tm. e crese que producirá uns 150 barrís de aceite cun valor dunhas dez mil pts. (sirva como referencia, que esa era a cantidade aprox. que Noriega Varela, mestre en Fondós, cobrou polos dez anos que durou a súa estadía na mesma). “A afluencia de curiosos a Foz foi considerable.Dos pobos cercanos non quedou veciño que non fose alí”. Como unha terceira lancha, mais retardada, saíra á captura do cetáceo reclamara parte no botín a punto estivo de plantearse un pleito; daí que un artigo no periódico “Mondoñedo”, firmado por “Un abogado de secano” explicara xuridicamente que non procedía tal reclamación. O comentario remataba: “ O triste para Foz será que, capturado o fisálido naquel porto, veña a soltar a graxa a esta cidade…”
No limpado e acondicionamento do cetáceo participaron 20 homes como testemuñan fotos que poden verse nalgúns establecementos. Como curiosidade sinalar que a persoa que transmitía a información, moi polo miúdo, ao xornal era Camilo Cela, o pai do escritor e Premio Nóbel, á sazón Administrador de Aduanas na nosa vila, onde era correspondente do periódico.
Suso Fernández

















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



