O escritor Séchu Sende participa nun encontro co alumnado do instituto Perdouro en Burela. Ás 11:30, na Biblioteca do centro educativo, Séchu Sende disertará sobre a súa traxectoria literaria e asinará exemplares das súas obras ao alumnado de 3º e 4º de ESO. Unha hora máis tarde participará nun coloquio co estudantado de Bacharelato. Aproveitando a viaxe á Mariña, o día 26 (sábado) ás 8 da tarde o escritor presentará en Viveiro a súa última publicación: un libro de viaxe ao Curdistán. O acto celebrarase no Conservatorio de Música de Viveiro e nel o escritor contará coa presentación de Plácido Travieso e Bernardo Penabade. Os beneficios desta publicación están destinados a financiar un intercambio educativo entre unha escola infantil de Santiago de Compostela e outra do Curdistán, onde a literatura de Sende foi moi ben acollida nas traducións aos idiomas curdo e turco.
Encontro e presentación de Séchu Sende