A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus organiza duas excursións no mes de xaneiro. O vindeiro domingo día 13 desprazaranse a Portugal, ó mercado mensual de Cerdal. Tamén visitarán as bodegas de Viña Costeira en Ribadavia para facer unha cata deste viño do Ribeiro. Para o sábado 26 de xaneiro a viaxe é a Lalín. O prezo das viaxes é de 35€ por persoa e pódense anotar todas as persoas que o desexen no 982 043 000 (Javier). As saídas son dende A Mariña e Lugo cidade. Poden atopar máis información nas paxinas web http://gastronomicaapontenova.tk/ e http://www.viajeslucus.com/, onde tamén poden consultar a programación de viaxes para o 2013.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



