A Concellería de Educación e Cultura no Concello de Foz informa que está aberto o prazo de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en facer as probas do galego segundo a resolución do 28 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 1, 2, 3 e 4, no ano 2013. O prazo de remate de inscricións é o día 3 de abril. As follas de inscrición están na conserxería da Casa da Cultura e información no teléfono 982140675.
Inscrición probas de galego en Foz
Inscrición probas de galego en Foz
Relacionado
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón
-
Remataron as Noites de Volei Praia en Cervo
-
En Academia A Mariña deu comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos