O grupo educativo Chao de Castro- Altair, iniciativa sen ánimo de lucro, xa conta cun local para o desenvolvemento do seu proxecto. Trátase dun espazo de 300 metros cadrados situado na rúa do Río nº10 onde teñen cabida nenos e nenas cuxa idade está comprendida entre os oito e os dezaoito anos. Todos os sábados cun horario de 16:00 a 19:00 realízanse actividades relacionadas coa pedagoxía do ocio ou do tempo libre. Estas son guiadas por tres educadores voluntarios: Melisa Orbán Fernández, Bruno Faustino Durán e Aitor Rodríguez Riveira.Para máis información ou inscrición: consultar a páxina do grupo chaodecastro.wordpress.com, contactar por correo electrónico chaodecastro.altair.burela@gmail.com ou chamar ao seguinte número 626739849.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.



