O Concello repara sete camiños a través do Plan de Infraestruturas no Rural
-O arranxo e acondicionamento das pistas afectará a varias aldeas das parroquias de Rúa, San Román, Cervo e Lieiro
-As reparacións supoñen a mellora de 1.500 metros de vías rurais
Cervo, 22 de xaneiro de 2013-As obras de reparación e mellora de sete pistas do rural cervense comezarán esta semana. Os traballos afectan a unha lonxitude total de 1.500 metros de camiños das parroquias de Rúa, San Román, Cervo e Lieiro. Unhas melloras que acometerá a empresa pública Tragsa e que se inclúen no Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) da Consellería do Medio Rural e do Mar. As sete actuacións teñen un orzamento total de 63.300 euros, que son financiados ao 100% polo departamento da Xunta.
En concreto, vanse realizar traballos de asfaltado no camiño de Árbol a Nogueira (Rúa), no camiño das Lagoas (Lieiro) e vanse acondicionar tamén con asfalto uns accesos en Cuíña (Cervo), no Eixo (San Román), e en San Tomé (San Román). Ao mesmo tempo está previsto acondicionar con zahorra a Chousa do Agro (San Román), así como mellorar co mesmo material a pista do Paraño (Cervo).
En todos os casos trátase de obras necesarias que nalgúns casos permiten abrir camiños, pavimentalos e facelos transitables para os vehículos “co que se pode facilitar o desenvolvemento do traballo diario e das tarefas cotiás” explica o alcalde, Alfonso Villares. “Percorrendo a zona rural de Cervo fomos escoitando as demandas da veciñanza e valorando o estado dos camiños” asegura Villares. Esta semana o rexedor, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso así como técnicos municipais e responsables de Tragsa percorreron varios dos lugares onde se van acometer as tarefas para coñecer sobre o terreo os detalles das obras así como para falar coa veciñanza e explicarlles as medidas a adoptar. O primeiro camiño onde se van levar a cabo as obras é o de Árbol a Nogueira, onde se van asfaltar 760 metros de vía.
O rexedor destaca “a importancia de mellorar as vías de comunicación por estrada na zona rural e en especial as pistas interiores que serven como arterias principais dentro das parroquias e dos núcleos rurais”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



