O pasado venres, 4 de xaneiro, reuniuse o xurado para decidir os premiados no concurso de Poesía e Postais de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal de Alfoz e a OMIX. O xurado estivo formado por Paz Quiroga, Susi Paz e Lionel Rexes. Os gañadores do concurso de postais de Nadal foron: Javier Alvariño Gil, Sergio Cao Vieito, Víctor Candía Paz, Noa Valea Iglesias, Eva Geada Díaz e Juan Reges Trobo. No certame de poesía infantil “Nadal 2012” gañaron: Pablo Goás Pardiñas, Clara Rodríguez Reges e Sonia Fernández Vidal.






















Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



