O xornalista José Luis Gómez presenta mañá na Deputación o seu novo libro, “Cómo salir de esta”. O Salón de Actos de San Marcos acollerá ás 19:30 horas o acto, ó que asistirán o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro; o analista económico Julián Rodríguez e a directora de Actualia Editorial, Cristina Seco. O libro, prologado polo economista e xornalista alemán Carsten Moster, ex presidente da Cámara de Comercio de Alemaña para España, recolle os factores que segundo Gómez caracterizarán a saída da crise: esta será lenta, cunha elevada taxa de desemprego e cunha gradual redución salarial agás en sectores clave. Ademais, non chegará ata o 2014. Estas son algunhas das claves que abordará este profesional da comunicación. A asistencia é totalmente gratuíta e o aforo quedará limitado á capacidade do propio Salón de Actos.
Presentación libro na Deputación
Presentación libro na Deputación
Relacionado
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura