O xoves 24 de xaneiro de 2013, ás 11 horas, no laboratorio de Física do IES de Ribadeo terá lugar a presentación do libro de Actas de Actividades do proxecto ARCE ‘Investigación facendo e difundindo’, que tivo lugar durante os dous cursos pasados no antigo IES Porta da Auga de Ribadeo, e que incorpora tamén algunha mostra de cursos anteriores.
Na presentación participarán algúns dos alumnos que participan no tomo coas súas investigacións. Cada exemplar ten 128 páxinas e recolle 25 traballos, tanto de equipo con individuais, abranguendo diversos campos de investigación e tódolos niveis dentro do ensino medio.