A Asemblea Cidadá Mariña Occidente leva varios meses recollendo sinaturas en favor da Dación en Pagamento Hipotecaria. Como o prazo para a recollida do millón de sinaturas preciso para podela presentar no Congreso dos Deputados finaliza este mes de xaneiro, os membros da Asemblea poñen unha mesa ao efecto este domingo día 20 a partir das 12:00 na rúa Rodríguez Murias de Ribadeo. A maiores, nos establecementos “Bosque Animado” do Cantón dos Moreno e o bar-tenda “Amodiño”, na praza de Abaixo, recollerán sinaturas até o final do prazo.
Recollida sinaturas Asemblea Cidadá Mariña Occidente
Recollida sinaturas Asemblea Cidadá Mariña Occidente
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón