SUÁREZ BARCIA CONSIDERA QUE A XUSTIZA ENTENDEU AS XUSTIFICACIÓNS E OS ARGUMENTOS DO CONCELLO, QUE DEIXARÁ DE PAGAR 60 EUROS AO MES A UN VECIÑO POR MOR DO RUÍDO CAUSADO HAI ANOS POR ALGÚNS LOCAIS DE OCIO NOCTURNO.
Ribadeo, 17 de xaneiro de 2013. O alcalde, Fernando Suárez, fixo unha valoración sobre o auto ditado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que falla que o Concello deixe de pagar 60 euros ao mes a un veciño por mor do ruído causado por algúns locais de ocio nocturno. E asegurou que “a xustiza entendeu as xustificacións e os argumentos do Concello e dáselle a razón para que non pague máis esa penalidade”.
O rexedor lembrou que “desde hai anos o Concello foi obrigado a pagar unha determinada cantidade de diñeiro a unha persoa por unha cuestión vinculada co ruído, porque o Concello non era capaz de impedir o ruído e as molestias que lle ocasionaba. E eso foi así durante varios anos”.
Suárez Barcia indicou que “hai un ano máis ou menos desde o Concello instamos á xustiza para que revisase esa situación entendendo que agora non se daban as circunstancias polas que no seu momento o Concello foi condenado. O ruido provocado por pubs foi reducido drasticamente nalgúns casos porque desde o Concello se levou adiante unha política exemplificadora, no sentido de que cumprira a lei todo o mundo e que diante das denuncias que particulares poden ou podían facer en calquera momento o Concello ten unha máxima de tramitación e realmente si se pasan dos parámetros de decibelios que a normativa marca eses pubs, bares, establecementos son sancionados sen ningún xénero de dúbidas”.
O alcalde ribadense engadiu que “iso provocou que todo o mundo de xeito ordinario non se estea a exceder. De feito nos últimos tempos non se están a producir indicentes deste tipo, pero sempre que hai algún tramítase coa máxima dilixencia e coa máxima seguridade xurídica para as dúas partes, tanto para o que provoca o ruído coma para o que ten que sufrilo”.
Fernando Suárez considera que “a xustiza entendeu os argumentos, entendeu as motivacións e as xustificacións do Concello e nun auto que pode ser recurrido, e eu descoñezo si xa foi recurrido ou non, se lle da a razón ao Concello no sentido de que non debe pagar máis esta penalidade duns 60 euros ao mes”. E engadiu que “eu esto que digo dígoo co máximo e co maior dos respectos tanto para os que provocan os ruídos por mor da súa actividade, porque teñen que poñer música ou porque teñen que traballar, e tamén co máximo respecto para os que sofren ese ruído. Sempre hai que pedirlles ás dúas partes un pouco de tolerancia e que non se leven as cousas ao límite”.
O alcalde de Ribadeo sinalou que “desde o Concello tócanos este labor ás veces cuestionado polas dúas partes, uns din que non somos todo o duros que deberíamos ser e outros din que somos duros en demasía. Eu creo que a posición do Concello é central e ponderada e penso que se reflicte neste auto que lle ven dar a razón ao Concello sen perxuizo de que mañá poidamos ter algún outro problema de ruído que nos leve a circunstancias desagradables nas que nin este alcalde nin este goberno queren entrar”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



