PLATAFORMA AFECTADOS PREFERENTES E SUBORDINADAS DA MARIÑA
Despois dos plenos celebrados a semana pasada nos concellos de Cervo, Mondoñedo e Riotorto, a plataforma de afectados queremos comunicar que a nosa moción foi aprobada nos tres concellos por unanimidade de toda a corporación e cumprindo así co solicitado e reclamado polos afectados da Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña.
Agradecemos tamén que nestes concellos respectasen a iniciativa da plataforma e sobre todo o texto feito e elaborado por nós sen ser modificado nin emendado como era o desexo da plataforma, e tamén que esta moción fose presentada como proposta de alcaldía e no noso nome,non no de ningún partido político como así o expresamos dende un primeiro momento que era a nosa intención.
A día de hoxe facemos unha valoración moi positiva desta iniciativa, salvo a excepción do concello de Burela, no resto de municipios saíu adiante esta proposta co apoio de todos os partidos políticos.