Villares di que o inicio dos trámites para declarar a Fábrica de Sargadelos como Ben de Interese Cultural demostra a sensibilidade da Xunta con este complexo
Cervo, 13 de febreiro de 2013-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, manifestou a súa alegría ao coñecer que hoxe que a Xunta anuncia no Diario Oficial de Galicia o inicio do procedemento para declarar a Fábrica de Cerámica de Sargadelos como Ben de Interese Cultural (BIC), baixo o que se protexen todos os espazos directamente relacionados co Laboratorio de Formas, un proxecto vangardista impulsado nos anos 60 por Isaac Díaz Pardo, fillo adoptivo de Cervo, e Luís Seoane.
O rexedor asegura que “estes trámites demostran a sensibilidade e o interese da Xunta por preservar un complexo dun grande valor non só arquitectónico, senón tamén industrial, histórico, cultural e cunha forte compoñente identitaria”.
Villares considera que o obxectivo da Xunta de protexer este complexo baixo o réxime de BIC “garantirá a súa conservación e ao tempo a súa posta en valor e divulgación como un centro que revolucionou a arte e a industrial galega do século XX”.
Aínda así, o rexedor recoñece que a incoación “non foi unha sorpresa”, xa que a declaración da fábrica como BIC “era un compromiso da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que agora se ve materializado” e explica que “tan só coa publicación do inicio do procedemento no DOG a fábrica xa queda protexida”. Villares aproveitou para agradecer ao Goberno autonómico “que fixese posible a denominación de Ben de Interese Cultural para unha factoría que se cimentou na combinación da tradición e da modernidade”.
O mandatario cervense destaca que esta é tamén “unha moi boa noticia para Cervo, porque o pasado, o presente e o futuro deste concello estiveron ligados a Sargadelos dende a fundación das antigas fábricas por parte de Raimundo Ibáñez, hoxe en día Complexo Histórico-Artístico. A partir dese momento, a unión deste pobo coa cerámica de Sargadelos e coa fábrica foise forxando ata ser unha parte indivisible de nós”.
O rexedor manifesta que “dentro e fóra das paredes da fábrica atopamos a pegada de dous persoeiros que marcaron un antes e un despois no mundo da creación cerámica e da arte galega”, referíndose a Díaz Pardo e Seoane. Villares lembra que a figura e o traballo de Isaac Díaz Pardo fora recoñecido polo Concello de Cervo co nomeamento de fillo adoptivo no 2011, unha distinción que el mesmo recibiu en vida. “Tanto os veciños como todos os galegos temos moito que agradecerlle a este ilustre cervense de adopción que foi quen de concibir e deseñar a maior parte dos edificios que hoxe conforman a fábrica de Sargadelos entre outros moitos méritos” remata o primeiro edil.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



