O Espazo Agroecolóxico A Estruga organiza o vindeiro día 16 de Febreiro unha 2ª edición do CURSO DE INICIACIÓN Á PODA. Impartiráse en dous bloques; un teórico de 9:30h a 11:00h e outro práctico de 11:30h a 14:30h na antiga escola de Valcarría (Viveiro). O cursiño terá una cuota de inscrición de 15€ para o público xeral. Para inscribirse haberá de prazo ata o xoves día 14 pola tarde e poderá realizarse no Espazo Agroecolóxico A Estruga (Pza. Juan Donapetry), no enderezo electrónico estrugalugo@gmail.com ou a través do teléfono 982 879 810 onde tamén se facilitará máis información. Colaboran: AA.VV. de Valcarría e Viveiros DAPLANTA.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



