A construción naval en Foz ten un lonxano precedente: O Licenciado Molina (S.XV) en “Descripción do Reino de Galicia” di que “se constrúen xentís navíos e de moito porte”; tal tónica deu nome e prestixio aos carpinteiros de ribeira nados e formados á sombra de Cornería. A mediados de século produciuse o punto de inflexión que abría o futuro a novos posibles, ao producirse o que os ben falados chaman “deslocalización”, cun impensado avance cara obxectivos mais ambiciosos, como amosará o desfile do entroido, escaparate das nosas potencialidades e dos avances na industria naval.Foi cando Plácido, labrego e mariñeiro, que na palleira, á veiriña da Fonte de Marzán, onde a maiores zoqueaba, constrúe un bote que, en carro de vacas, é levado a Llás. Alí consúmase a botadura e “El Guajiro de la Loma”,impactado pola fazaña, dedica un poema que comeza así:”Suenan las grandes sirenas/ de los nuevos astilleros/ donde se construyen los barcos/ de los tipos más modernos…” A sorte estaba botada: xa non había límite para os artistas da garlopa e a iniciativa de Plácido fixo que Marzán se voltase emporio industrial ao trasladar alí os estaleiros que dirixen os enxeñeiros, de ascendencia grega, Carolus Neirensis, Gran Duque de Polonia, e Petrus Daurelius, fichados por Os Larpeiros, prestixioso grupo financieiro, persoeiros insignes do comercio e do bebercio local.Na visita ás instalacións pasmamos ante tanta actividade e enxeño; mesmo pola dotación de novas unidades como a reprodución de naves que quedaron na memoria da Humanidade; e así no desfile poderase contemplar o afundimento do “Titanic”, en escena sobre navío de 14 m. de eslora, do que sairán as notas musicais que pecharon a traxedia (“Cada noche sueño contigo/ sé que aún existes, amor/siempre en la distancia podremos amarnos…”); o intrépido submarino atómico (S. A. 32) e o colorista Dragón Sondok de 18 m., obra da sección mais xove da nómina destes magnos estaleiros que hoxe en día absorben a produción local e que garanten a súa continuidade.. Lector amigo: sen dúbida que no desfile descubrirá tanto poderío naval como lucimos…no entroido.
A histórica dedicación dos focegos á construción naval ven reflectíndose ano tras ano no que é escaparate de peculiaridades, ancestrais ocupacións, xeitos de vida que foron propios ao longo de dilatadas xeracións, e que polo entroido reviven.
O Licenciado Molina, (S.XV), na súa obra “Descripción del Antiguo Reino de Galicia”, di que en Foz “se construyen gentiles navíos y de mucho porte”.Ao longo dos tempos seguiu a actividade como faceta primordial ubicada na bocana da ría, ata que a mediados de século produciuse un punto de inflexión dando lugar ao que hoxe chámase “deslocalización”. Foi que Plácido, labrego e mariñeiro, que na palleira, á veira da Fonte de Marzán, na que a maiores zoqueaba, construíu un “bote” que nun carro de vacas trasladouse a Llás. Alí consumouse a botadura e propiciou que “El Guajiro de la Loma” lle dedicara un poema cuxos versos primeiros din: “Suenan las grandes sirenas/ de los nuevos astilleros/ donde se construyen los barcos / de los tipos más modernos…” O dito só pretende clarexar o precedente do entusiasmo naval carnavaleiro pois é sabido que a historia deixa pegadas que herdan os sucesores… E así, a semente de Plácido deu os seus froitos e hoxe Marzán é o emporio focego da construción naval, do que somos testemuño, posto que visitamos a factoría e, quedamos pasmados que nesta crise que padecemos se contemple tal vitalidade en C.N. Carolus & Petrus, S.C., prestixiosa empresa animada polo colectivo Os Larpeiros, de fonda tradición
Mañá, sábado, o desfile do entroido, sempre brillante e sorprendente, vai facer especial énfase na que é a súa mellor potencia: a construción naval que ofrecerán o espectáculo do afundimento do histórico Titanic que escenificará un navío de 14 m. de eslora; o S.A. 32 (Submarino Atómico 32) e o colorista Dragón Sonduk de 18 m. de eslora.
Suso Fernández


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



