A Fundación EU SON organiza mañá, venres 8 de febreiro, a súa tradicional festa de entroido dirixida a tódolos/as usuarios/as do Centro Ocupacional e do Centro de Dia. Esta actividade ten lugar na Praza de Abastos de Burela de tres a seis da tarde. A xornada festiva inclúe xogos de animación, maquillaxe, baile de disfraces… e remata cunha gran chocolatada e degustación de produtos típicos destas datas. Os disfraces para esta festa foron elaborados polos profesionais e usuarios/as da entidade en colaboración con GAIA.
Festa do Entroido 2013 da Fundación Eu Son
Festa do Entroido 2013 da Fundación Eu Son
Relacionado
-
A FCAM participou no obradoiro sobre innovación en comercio e turismo celebrado este xoves en Viveiro na Sala Multiusos do Concello
-
Coche envorcado cunha persoa atrapada no interior en Vilalba
-
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este mércores un encontro de traballo co alcalde de Foz, Francisco Cajoto