O hotel restaurante O Cabazo, de Ribadeo, ofrece menús especiais durante as fins de semana (venres, sábado e domingo) por un prezo de 20 euros por comensal, que poderá elixir entre dous primeiros pratos, dous segundos e dous prostres. Tamén inclúe viños branco e tinto, café e licores da terra. O menú cambia cada fin de semana e para este próximo, do venres 22 ó domingo 24 de febreiro, haberá zamburiñas o concha do peregrino gratinada de primeiros pratos; de segundo, rodaballo á prancha ou cachopo de tenreira; e de prostre copa de chocolate ou tarta de arroz con leite. As reservas poden facerse no propio hotel restaurante O Cabazo, que está na rúa Río do Amalló, número 1, en Ribadeo ou chamando ó 982.128.517.
Menús especiais en O Cabazo
Menús especiais en O Cabazo
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo