O domingo 24 de febreiro a nova edición do Mercado do Souto de Cervo centrarase no aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A partires das 12.00 horas haberá un acto poético. Ademais, o gaiteiro Bossa interpretará a “Alborada para Rosalía” con lectura do manifesto que se vai facer en varias vilas e cidades galegas. E completará a xornada unha lectura de poemas de Rosalía a cargo da poeta Marina Oural Villapol do Val de Lourenzá. O mercado estase a realizar no pavillón polideportivo pechado que ten o Concello de Cervo a carón do Colexio Público ata que o tempo permita volver á Praza do Souto. Esta é unha iniciativa da Asociación C. Airiños do Xunco de Cervo e da Asociación de consumo ecolóxico Karrikanta.
Mercado do Souto sobre Rosalía
Mercado do Souto sobre Rosalía
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba