Lugo, 27 de febreiro de 2013. O deputado lucense do BNG no Parlamento Galego, Cosme Pombo, presentou varias iniciativas no á Mesa desta institución para que sexan tratadas no vindeiro pleno e así “esixir diante da Xunta de Galiza o mantemento das actuais áreas sanitarias da Mariña e Monforte de Lemos con todos os seus servizos e competencias actuais. Non imos permitir que a Xunta continúe a atacar a sanidade pública dos lucenses baixo a bandeira da austeridade, creándolle auténticos dramas a moitos pacientes de desmontárense servizos na Mariña e Monforte para que dependan de Lugo. É intolerable a nula preocupación que o goberno galego ten pola saúde dos lucenses”.
Cosme Pombo recorda que “tanto na comarca da Mariña coma na de Monforte, diante do anuncio da conselleira Beatriz Mosquera de centralizar os servizos sanitarios da provincia nunha Área de Xestión Integrada en Lugo, a poboación manifestou o seu malestar con protestas e conformáronse plataformas cidadás que tratan de evitar precisamente isto. Non obstante, a Xunta de Galiza camiña cara outro lado e dálle as costas á xente nas súas demandas. Desde o grupo parlamentar do BNG queremos suscitar unha fonda reflexión no goberno galego sobre as graves consecuencias que terá esta medida se chega a adoptarse e por iso esixiremos que as áreas sanitarias de Monforte e da Mariña se manteñan como están”.
O deputado do BNG lembrou que “o Hospital da Costa ten asignadas mais de 70.000 persoas, distribuídas en 14 concellos, e que o Hospital Comarcal de Monforte conta con preto de 50.000 usuarios distribuídos en 11 concellos, usuarios que pasarían a ter como primeiro hospital de referencia o Hospital de Lugo, a 100 quilómetros de distancia e dunha viaxe de 90 en coche, no caso de Burela, e moi similar no caso de Monforte. Obrigar á poboación destas zonas a desprazarse esta cantidade de quilómetros para ser atendidos por profesionais de referencia que non atoparían no hospital da súa comarca por estar en Lugo é carecer de sensibilidade algunha. Só pensemos na cantidade de persoas maiores, que son quen maioritariamente usan os servizos de saúde, que non posúen medios de desprazamento propios, no estado do transporte público e na dispersión da poboación: isto é un auténtico drama”.
“Ademais disto, unha centralización dos servizos de saúde en Lugo tería unhas consecuencias negativas para os profesionais sanitarios, xa que os traballadores terían que optar a postos por toda a provincia: o persoal eventual, tendo que inscribirse nas listas de contratación provinciais e tendo que aceptar contratos a máis de cen quilómetros do seu domicilio, baixo a ameaza de penalización. O persoal fixo que accedera ao seu posto despois da publicación do Estatuto Marco e en base á mobilidade funcional, podería ser trasladado a calquera lugar da provincia en calquera momento”- expuxo Cosme Pombo. “E se a isto engadimos que unha centralización suporá, de facto, a paralización dos necesarios investimentos nos hospitais da Mariña e de Monforte, non podemos máis que defender que se manteñan tal e como están as actuais áreas sanitarias”.
Cosme Pombo concluíu que “desde o grupo parlamentar do BNG opoñémonos á creación da Área de Xestión Integrada de Lugo na medida que afasta os servizos dos cidadáns e reduce a calidade asistencial. Ademais, instamos á Xunta de Galiza a que manteña as áreas sanitarias de Monforte e A Mariña con todas as competencias e servizos que teñen na actualidade, garanta a mesma orde de prioridade na cobertura de prazas de especialistas nos Hospitais de Burela, Monforte e Lugo e manteña os cadros actuais e as condicións laborais dos traballadores dos hospitais da Costa e Monforte”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



