Os populares cualifican de “imprescindible” a mellora dos niveis de execución dos orzamentos para que a Deputación se converta nun elemento dinamizador da economía lucense
Lugo, 7-02-2013 – A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación Provincial de Lugo denunciou esta mañá en rolda de prensa o “baixo nivel” de execución orzamentaria da Deputación Provincial de Lugo especialmente nun ano “de crise profunda como a que estamos a vivir” e en áreas de especial relevancia como é a de benestar. “É reprochable e lamentable”, alertou a popular ao facer público que o grado de execución orzamentaria da partida de Acción Social – Transferencias Correntes a Concellos ( que aglutina as subvencións para SAF) era de tan só un 6% a catro días do peche do ano 2012.
Ao desglosar a partida de Acción Social, cun orzamento de 1.088.000 euros; os populares reproban que a data 27 de decembro de 2012, sexa considerablemente inferior a contía aboada aos concellos en materia de benestar, 66.000 euros, (o 6%); fronte a contía de 367.000, cuxo gasto non fora autorizado; e aos 655.000 euros que estaban pendentes de pago.
A voceira dos populares considerou que este “baixo grao de execución” na partida que aglutina as subvencións destinadas a sufragar o Servizo de Axuda no Fogar é a “demostración máis fehaciente” de que ao bipartito da Deputación Provincial “non lle importa en absoluto a garantía do benestar”. Candia refiriu a un novo dato ao que cualificou de “lamentable e deplorable”, xa que o grao de execución orzamentaria da partida ‘Outros Servizos de Benestar Comunitario”, en concreto, en transferencias de capital a familias e institucións sen fin de lucro, era de tan só o 3% a data 27 de decembro.
A voceira popular asegurou que as administracións públicas teñen a obriga de empregar os recursos públicos con eficacia, e “de nada serve presupostar partidas que logo non se executan, a non ser para facer anuncios baleiros e electoralistas”, puntualizou a popular.
Unha Administración “incapaz” de executar preto do 40% do seu orzamento
A baixa execución orzamentaria da Deputación, “incapaz de rendibilizar o 40%” do total do seu orzamento, evidencia que os investimentos contemplados no seu orzamento son “pouco máis que papel mollado”, así o puxo de manifesto a voceira popular tras indicar que a data 27 de decembro de 2012, o grao de execución do orzamento da Deputación provincial era “tan só” dun 60,34%.
“De 100 euros, preto de 40 quedaban sen autorizar, executar ou aboar a catro días do peche do ano”, lamentou a popular, ao tempo que se preguntou se non hai lucenses, familias ou empresas ás que podería destinar a Deputación de Lugo o seu orzamento? Este baixo nivel de execución orzamentaria será un dato que “terá que explicar a todos os veciños da provincia”.
A portavoz popular explica que unha administración eficaz pódese medir polos seus niveis de execución, especialmente no que se refire aos apartados de investimentos reais e transferencias de capital. Neste senso, máis de 14 millóns de euros en investimentos reais, que nin tan sequera chegaron a fase contable de autorización de gasto (e polo tanto, nin executados, nin pagados); e outro 1,1 millóns en transferencias de capital (tamén sen autorizar o gasto) son exemplos “alarmantes”, que proban “a ineficacia coa que actúa o equipo de goberno de Gómez Besteiro”.
Actuación rutinaria e reiterativa do bipartito
A portavoz do PP na Deputación de Lugo considera “imprescindible” mellorar os niveis de execución dos presupostos para que a Deputación se poda converter nun elemento dinamizador da economía lucense.
Neste senso a popular lamentou que Gómez Besteiro unha vez máis sexa incapaz de elaborar respostas eficaces pese a contar cun orzamento que superou os 93 millóns, ao tempo que denunciou que o baixo nivel de execución orzamentaria se estea a converter nunha rutina na Deputación lucense. Así a popular lembra o grao de execución de anualidade anteriores que en ocasións non superaron o 50%, o que inclusive obrigou aos populares a rexistrar, no seu momento, unha iniciativa para elaborar un plan de seguemento e optimización da execución orzamentaria, rexeitada polo PSOE e o BNG no goberno provincial.
A voceira popular explicou que o estudo e a utilización destes datos, a fecha 27 de decembro de 2012, responde a que o Grupo Provincial Popular solicitou o estado de execución orzamentaria da Deputación a data 4 de decembro, véndose na obriga de reiterar a petición a data 27 de decembro, tras non serlle facilitada esta documentación. Finalmente, a documentación co grado de execución orzamentaria facilitóuselle ao Grupo Provincial o venres, 1 de febreiro de 2013, e cos datos a día 27 de decembro.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



