A PLATAFORMA FAI UN CHAMAMENTO A ORGANIZACIÓNS DE COMERCIANTES, EMPRESARIAIS, ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, FORZAS POLÍTICAS E SINDICAIS E AO CONXUNTO DA SOCIEDADE A PLANTAR CARA A ESTA MEDIDA QUE SUPORÁ A MORTE DOS SERVIZOS SANITARIOS PÚBLICOS NA MARIÑA
FEIJOO TRAICIONA OS SEUS ANUNCIOS DE 2010 E OS COMPROMISOS DA ANTERIOR CONSELLEIRA FARJAS QUE GARANTÍU NO PLENO DO PARLAMENTO A AUTONOMÍA DE XESTIÓN SANITARIA DA MARIÑA
A Mariña, 8 de marzo de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña cualificou de “alta traizón” o anuncio do Pte. Feijoo após o Consello da Xunta de onte de que A Mariña e Monforte pasarían a depender de Lugo unha vez de aplique o Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial. Para a Plataforma este anuncio choca de fronte cos anuncios realizados por Feijoo o 4 de outubro de 2010 en Lourenzá sobre a total autonomía de xestión do Hospital da Costa e tamén van no camiño contrario aos compromisos da anterior Conselleira de Sanidade que declarou no Parlamento Galego en dúas ocasións “a total “autonomía da Mariña en recursos humanos, infraestruturas e prestacións de servizos da área sanitaria, dos Hospital da Costa e dos centros de saúde”. A Plataforma fai un chamamento a organizacións empresariais e de comerciantes, asociacións veciñais, forzas políticas e sindicais, aos alcaldes de todo signo político e ao conxunto da sociedade mariñá a plantar cara a esta medida que suporá a morte dos servizos sanitarios públicos da Mariña.
FEIJOO CONDENA A MORTE A PRESTACIÓN DE SERVIZOS SANITARIOS PÚBLICOS EN ATENCIÓN PRIMARIA E ESPECIALIZADA NA ÁREA NORTE DE SAÚDE.
O anuncio de Feijoo é unha traizón aos intereses da comarca xa que coa aplicación do Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial “as decisións sobre recursos humanos, prestación de servizos e infraestruturas no hospital da Costa e centros de saúde da área sanitaria norte pasarían a depender das decisións dunha xerente provincial”. Para a Plataforma este anuncio supón “o principio do fin e a morte por inanición do Hospital da Costa e de calquera esperanza de mellora na prestacións de servizos deste centro hospitalario e dos centros de saúde asociados” do que dependen mais de 70.000 persoas e un número moi elevado en determinadas épocas do ano.
Unha área de xestión integrada de ámbito provincial a xuízo da Plataforma terá as consecuencias:
a) Unha xerencia situada en Lugo, pola súa distancia, sería unha gran descoñecedora dos problemas que xurdisen nos centros da área da Costa.
b) Unha xerencia situada en Lugo sería a morte de investimentos tanto no propio Hospital como nos Centros de Saúde da Costa.
c) Unha xerencia única situada en Lugo significaría o peche de servizos e a perda de especialidades, obrigando aos usuarios da Mariña a desprazarse a Lugo.
d) Unha xerencia única situada en Lugo leva incluída a mobilidade do persoal sanitario, pois ao pechar servizos, sobrarían profesionais.
d) Unha xerencia única situada en Lugo e diante da escaseza de certos especialistas, implicaría desprazamentos constantes de poboación da Costa á capital, o que levaría consigo unha perda de calidade de asistencial e de vida, ademais de teren que asumir gastos de desprazamento, e incluso de hospedaxe, (volveriamos pasar por situacións que sucedían fai 27 anos e non queremos repetir)
CO DECRETO AÍNDA SEN APROBAR É O MOMENTO DE QUE A SOCIEDADE MARIÑÁ REACCIONE CON CONTUNDENCIA CONTRA ESTA MEDIDA.
A Plataforma fai un chamamento a organizacións empresariais e de comerciantes, asociacións veciñais, forzas políticas e sindicais, aos alcaldes de todo signo político e ao conxunto da sociedade mariñá a plantar cara a esta medida que suporá a morte dos servizos sanitarios públicos da Mariña. De igual maneira que a sociedade mariñá reclamou unida a existencia dun hospital como que hoxe temos, debería reaccionar agora diante deste anuncio, “pendente da publicación do Decreto, non queda moito tempo para reaccionar polo que toda a sociedade mariñá debería estar unida para evitar o que tanto profesionais da sanidade como boa parte da comarca xa cualifican como a morte por inanición do Hospital da Costa e os seus centros de saúde asociados”.
A Plataforma pide posicionamentos públicos claros e contundentes na defensa dun decreto de xestión integrada propio para A Mariña, non é tempo de agardar acontecementos nin de poñerse de canto, non defender o que temos sería traizoar os intereses desta comarca e quen non o faga non debería ser perdoado.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



