Ribadeo, 8 de marzo de 2013. Cun concurso fotográfico celebrará ACISA o día do pai e repartirá 600 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.
Desde a directiva de ACISA explican que poderán participar “persoas maiores de idade de calquera nacionalidade e residencia e menores de idade con autorización firmada dos seus pais ou titores, que acompañarán ás obras enviadas”. A temática do concurso xira en torno a Ribadeo e o día do pai. Os participantes poderán presentar un máximo de tres obras, pero só unha delas será premiada. As fotografías terán que ser inéditas e non seren premiadas noutro concurso. ACISA advirte de que “poden ser en cor ou branco e negro, pero non se admitirán fotomontaxes, collages, fotos pintadas ou retoques dixitalis, excepto os referidos a brillo, ton e/ou contraste”.
O prazo de presentación das fotografías concúe o 22 de marzo ás 12 da mañá. As imaxes entregaránse en formato dixital na siguiente dirección de correo electrónico: ribadeocca@gmail.com
ACISA será responsable de colgar por orde de recepción cada foto co seu título na páxina de facebook da asociación para que o público poida votalas. Un xurado formado por dous profesionais asociados e tres membros de ACISA escollerán 3 fotos de entre as 10 máis votadas polo público en facebook.
O primeiro premio levará 300 euros en vales de compra para gastar nos establecimientos asociados, o segundo premio será de 200 euros en vales de compra donados pola Asociación Deportiva Veteranos do Ribadeo FC e o terceiro premio son 100 euros en vales de compra.
Os interesados en participar no concurso fotográfico convocado por ACISA Ribadeo poden encontrar as bases na página web www.acisaribadeo.es ou no perfil de facebook da asociación.