Cervo, 19 de marzo de 2013-A Concellería de Emprego presentou hoxe unha iniciativa de fomento do emprego xuvenil coa posta en marcha dun plan de axuda á inserción laboral dirixido a este colectivo. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a delegada desta área, Yolanda Pedreira, deron a coñecer hoxe os detalles desta acción que contará cun investimento de 35.000 euros e que Pedreira definiu como “un apoio á xuventude e á formación”.
En concreto, esta iniciativa subdivídese en dous programas; un programa de bolsas de formación dirixido a mozos e mozas con título universitario, e un programa de bolsas de formación profesional, dirixido a titulados de FP. Unhas bolsas que en ambos casos serán financiadas integramente con fondos do Concello e a través das cales os titulados realizarán prácticas remuneradas en distintos campos da administración local. O período formativo será de entre dous e doce meses.
Estas bolsas teñen o obxectivo de contribuír á inserción laboral da mocidade, “ofrecéndolles a posibilidade de completar a súa formación teórica con prácticas nun entorno laboral real” explica Pedreira. “Deste xeito, os beneficiarios poderán trasladar ao eido laboral os coñecementos adquiridos durante a súa carreira ou curso de FP e desenvolver as súas habilidades” engade a edil. Unhas iniciativas que “permitirán dotar aos recen titulados das competencias e aptitudes necesarias para a súa posterior entrada no mercado de traballo” explica a edil de Emprego.
Antes de poñer en marcha este programa, o Concello está interesado en coñecer os perfís de titulados demandantes de emprego que existen no municipio. “O noso obxectivo é convocar bolsas axeitadas á realidade de Cervo” explica Pedreira. Por iso, o Concello convida a todas as persoas que cumpran os requisitos que se mencionan a continuación a que manifesten o seu interese no departamento de Emprego do Concello de Cervo. “Con esa información poderemos elaborar unha oferta de bolsas formativas o máis proveitosa posible para os nosos mozos e mozas cervenses”. A edil asegura que “a nosa intención é que absolutamente todos os mozos e mozas de Cervo que cumpran os requisitos se poidan beneficiar destas bolsas” e por suposto “pretendemos darlle continuidade no tempo porque a nosa mocidade recen formada ten que ter a oportunidade de contactar co mundo laboral e adquirir experiencia para mellorar as súas posibilidades de inserción”.
Requisitos
É importante destacar que para poder optar a unha bolsa, os aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos como son estar empadroado no Concello de Cervo, ser titulados universitarios ou de FP do sistema público educativo de Galicia, ser menores de 30 anos no caso de titulados de FP e menores de 31 no caso de persoas con estudos universitarios, que pasasen menos de 3 anos dende a obtención do título e non ter desempeñado un traballo profesional remunerado relacionado coa súa titulación.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



