Ribadeo, 19 de marzo de 2013. A Concellaría de Mocidade amplía as prazas das actividades para os nenos e as nenas de Ribadeo que se desenvolverán durante a vindeira Semana Santa debido á demanda existente.
O edil nacionalista Xavier Campos explicou que “serán actividades centradas no aspecto lúdico, no lecer activo e na formación. Están pensadas para nenos e nenas de 1º e de 2º de primaria e tamén para nenos e nenas desde 3º de primaria ata os 14 anos”. O concelleiro de Mocidade sinalou que “en total tiñamos 70 prazas dispoñibles, pero debido a que a demanda destas actividades está a ser moi alta ampliaremos este número. Os pais e as nais que estean interesados en apuntar aos seus fillos e fillas poden pasar directamente pola Casa da Xuventude ou chamar ao seguinte número de teléfono 982 129 889”.
O luns, 25 de marzo, de 11 a 13:30 horas haberá xogos co paracaídas e co balón xigante e tamén xogos populares para rapaces e rapazas de infantil, de 1º e 2º de primaria. No mesmo horario, pero para nenos de 8 a 14 anos haberá xogo de orientación e xincana de xogos populares. E pola tarde de 16 a 18:30 horas os/as nenos/as ata 14 anos participarán nun xogo de orientación pola vila, con mapas, realizando probas relacionadas co lugar en cada un dos puntos.
O martes, 26 de marzo, de 11 a 13:30 horas os nenos e nenas de infantil (de 3 a 5 anos) desfrutarán de obradoiros e xogos. No mesmo horario os rapaces e rapazas a partir de seis anos “convivirán e pasarán un día moi agradable, pararemos a mediodía para xantar todos xuntos”, sinalan desde a OMIX. Ese día haberá de 11 a 14:30 horas e de 16 a 18:30 horas: rocódromo, tiro con arco, safari paintball, obradoiros e deportes alternativos.
Todas as actividades que haberá o 25 e o 26 de marzo celebraranse no CEIP Gregorio Sanz.
Xavier Campos engadiu que “tamén teremos obradoiros de hip hop e a proxección da película O apóstolo e outra serie de actividades e de propostas que no seu conxunto fan que a oferta para os máis pequenos sexa interesante e atractiva, como todos os anos”. E animou “aos pais e nais interesados a poñerse en contacto coa Casa da Xuventude para obter máis información e poder apuntar aos pequenos”. O obradoiro de hip hop, free dance está destinado a nenos e nenas a partir de 6 anos. E terá lugar o 27 de marzo, mércores, en horario de 11:30 a 13:30 horas para nenos e nenas de 6 a 10 anos. E de 12:30 a 13.30 horas para rapaces a partires de 10 anos. Esta actividade será no pavillón municipal.
E no auditorio municipal Hernán Naval o mércores, 27 de marzo, ás 17:30 horas será a proxección da película de animación O Apóstolo, recomendada para nenos e nenas maiores de 7 anos.
Para maiores de 18 anos
A Casa da Xuventude acollerá tamén dous monográficos para maiores de 18 anos, educadores e educadoras, en xeral, que poidan aplicar os coñecementos e a experiencia na súa actividade diaria. O 25 de marzo de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas terá lugar o monográfico de Grandes xogos e veladas. E o 26 de marzo no mesmo horario será tempo para os Títeres de Goma Espuma.






















A actividade rematou coa creación dun xardín de planta de tempada a base de Cyclamen na contorna do parque Reina Sofía.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



