Cervo, 19 de marzo de 2013-A Concellería de Educación informa da apertura do prazo de inscrición para participar nos ‘Enredos de Semana Santa’ que se convocan para os días 25, 26 e 27 de marzo. Unha iniciativa contemplada como unha medida de conciliación da vida laboral e familiar nuns días nos que “os nenos e nenas xa están de vacacións pero moitos pais e nais traballan” tal e como explica a edil desta área, Pilar Armada.
Poderán participar os nenos e nenas de infantil e primaria que cursen estudos nos centros educativos de Cervo. Para apuntarse será necesario achegar o impreso de inscrición que Educación repartirá nos colexios do municipio que deberán cubrir e entregar na Casa do Concello ou na Casa da Cultura antes deste venres día 22. Unha actividade que dá continuidade aos Enredos de Nadal e aos Enredos de Verán que se veñen organizando no municipio e nos que sempre adoita rexistrarse unha ampla participación.
A edil de Educación asegura que “Enredos é un programa completo para encher de actividade as horas de lecer dos nenos e nenas en idade escolar mesturando o entretemento coa aprendizaxe e participado en obradoiros e xogos que espertan a súa imaxinación e contribúen ao seu desenvolvemento”.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



