Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela e a título individual Ramiro Fernández Rey en calidade de Secretario Xeral e Pedro Chao Polo en calidade de Secretario de Política Municipal manifestan:
1º- O día 27 de novembro de 2012 en Xunta de Goberno o Sr Fernández Valle, concelleiro de obras do Concello de Burela, propón e vota a obra do POS (Plan de Obras e Servizos) da Deputación Provincial de Lugo a obra “Pavimentación da rúa dos Cotos a Ril” cun orzamento de 22.705,88 euros, obra que se aproba por unanimidade de todos os membros presentes entre os que estaba o Sr Fernández Valle, afectando esta obra a unha licenza de obra do Sr. Fernández Valle.
2º.- Á vistas destes feitos e despois dunha reunión de Executiva, a Executiva transmite ó Grupo Municipal a necesidade de impugnar dito acordo ó entender que o Sr. Fernández Valle non pode propor nin votar dita obra ó ser beneficiario desta obra. Con data 22 de xaneiro de 2012 o Portavoz municipal do PSdG-PSOE presenta o escrito de impugnación no Concello con número de rexistro 489 e acto seguido a Executiva saca unha nota de prensa para poñer en coñecemento dos veciños dita situación pedindo unha explicación e a dimisión do Sr Valle.
3º.- Visto o informe de Secretaría con data 6 de febreiro de 2013 onde se pode constatar que o Sr. Fernández Valle ten interese persoal neste asunto e esta é unha causa de incompatibilidade segundo o artigo 76 da lei 7/1985 e constatando dito informe que o Sr Fernández Valle está incurso en causa de abstención e polo tanto non debería ter participado na aprobación de dita obra, a Comisión Executiva saca unha nota de prensa con fecha 9 de marzo pedindo unha vez máis unha explicación a esta situación.
Explicados estes feitos temos que dicir:
1º.- O pasado día 15 de marzo e segundo aparece en diferentes medios de comunicación unha “suposta” denuncia que o Sr Fernández Valle ou do Equipo de Goberno Municipal, a día de hoxe non sabemos quen nos demandou e si nos demandou ó non ter coñecemento oficial de dita denuncia.
2º.- Seguimos reclamando que o Sr Fernández Valle explique ós veciños o uso indebido do seu cargo, é a vista dos feitos a súa dimisión inmediata.
3º.- Non podemos entender como o Sr Fernández Valle na primeira obra substancial que pode xestionar vaia beneficiar directamente á unha vivenda súa. O que demostra os criterios deste equipo de desgoberno no manexo dos fondos públicos.¿Non haberá en Burela necesidade de inversión dos cartos públicos en ningunha zoa que non afecte directamente a ningún representante do Partido Popular con responsabilidade de goberno?.
4º.- Entendemos que o Partido Popular de Burela non está acostumado a que a oposición fiscalice a labor do goberno, pero teñen que darse conta que iso cambiou, e dende o PSdG-PSOE non imos deixar que nos tenten calar a boca nas denuncias das irregularidades que se cometan dende os representantes do Partido Popular no Concello de Burela.
5º.- Non entendemos que sexa preciso para presentar unha demanda contra dous cidadáns, si é que é verdade que está presentada, que se presente todo os representantes do Partido Popular no Concello de Burela vaian perder a mañá a Viveiro tendo en conta que tres deles cobran cartos públicos das súas dedicacións exclusivas no Concello. Esperamos que se desconte das súas nóminas este tempo que perderon o venres día 15.
6º.- O PSdG-PSOE de Burela vai a esixirlle ós representantes do Partido Popular no Concello de Burela a máxima transparencia e imos a seguir denunciando calquera práctica que non vexamos ética e transparente polo ben dos veciños de Burela. Non imos a consentir cortinas de fume que escondan a nefasta xestión que se está a facer por parte dos membros do Partido Popular no Concello de Burela e esconda en circos e feiras a súa deixadez de funcións, como está sendo no asunto do Hospital da Costa onde unha vez máis os representantes do Partido Popular danlle a espalda a todos os veciños de Burela.


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



