– O Presidente da Deputación, pregoeiro da XXVII edición desta cita gastronómica, subliñou que a elaboración e comercialización deste produto é “unha das mellores armas” contra a sangría demográfica, así como “unha fonte de riqueza que promete un futuro próspero neste duro presente”.
– “O queixo do Cebreiro ten máis futuro que pasado”, destacou Gómez Besteiro tras lembrar os seus séculos de histórica e a posibilidade de mercalo agora por Internet tras ser o 1º produto que xa no 2011 se incorporou á plataforma de comercio electrónico da Deputación: www.losproductosdelugo.com.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, avogou este venres pola comercialización dos produtos autóctonos para xerar emprego e combater o despoboamento no rural lugués. Gómez Besteiro, que foi o pregoeiro da XXVII edición da Feira do Queixo do Cebreiro, destacou as oportunidades laborais que ofrece a elaboración e comercialización deste produto, sendo “unha das mellores armas coas que facer fronte á sangría demográfica que pesa coma unha lousa sobre esta provincia, así como unha fonte de riqueza que promete un futuro próspero neste duro presente”.
“O queixo do Cebreiro ten máis futuro que pasado”, subliñou o titular provincial tras lembrar a historia deste produto. “Di algúns cronistas que foron os monxes bieitos procedentes de Francia os que elaboraron por 1º vez este queixo, probablemente naquela hospedaría do Hospital que lle foi cedida polo rei Alfonso VI no ano 1079, coa única condición de que ofreceran refuxio e asistencia ós peregrinos. Ou mesmo xa antes, no século IX, cando ocupaban un sinxelo templo de pedra. As excelencias deste saboroso queixo, ó igual que a sona das peculiares construcións deste recuncho do mundo e a hospitalidade dos seus moradores, chegaron a oídos dos reis españois. Tal e como se detalla na abundante documentación recompilada nos arquivos de Madrid e Simancas, ó longo do século XVIII os monarcas recibiron abundantes entregas de pezas deste queixo e mesmo fixeron encargos para a coroa de Portugal. Moitos de nós gardamos imaxes na memoria, case en branco e negro, daquelas feiras e mercados, nos que se vendían os queixos en cestas, sobre paja y blanco mantel, como contaba Cunqueiro. Os novos tempos traen consigo novos xeito de facer as cousas. Agora, dende a casa, sentados diante dun ordenador e con só premer un botón podemos abrir unha ventá ó mundo dende a que mercar calquera cousa, calquera día e a calquera hora. É o que podemos chamar un gran mercado virtual, que Lugo ten dende hai dous anos”. Gómez Besteiro presentou a 1º plataforma de comercio electrónico na provincia, www.losproductosdelugo.com, que puxo en marcha a Deputación no 2011, “sendo o queixo do Cebreiro, precisamente, o produto que inaugurou esta nova etapa”.
“O mundo xa non ten escusa para non gozar das moitas virtudes deste queixo que, por moito tempo que pasara dende que aqueles monxes bieitos deran coa receita, e moitos máis que pasen, non cambiará”, remarcou o Presidente tras destacar as peculiaridades deste produto branco e acedo, amparado coa Denominación de Orixe Protexida dende o 2008.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



