O Concello de Ortigueira celebra o Día Internacional da Muller coa exposición “Doce e moitas máis” (homenaxe á muller galega) coas esculturas de Xosé M. Ribeira e Otero Regal. As pezas estarán expostas na Casa do Concello, na Praza de Isabel II, s/n- Claustro (planta baixa). A mostra refírese a Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, á muller galega anónima, Concepción Arenal, Filomena Dato, Agustina Carolina Otero Iglesias, María Casares, María Mariño, María Soliña, María Balteira, María Castaña, María Pita e Maruja Mallo.
