Ao Burela FS Pescados Rubén FS B preséntaselle unha oportunidade de ouro mañá para empoleirarse á segunda praza da Terceira División coa visita a Vista Alegre do pechacancelas da categoría, Grupo 7a9 CAFyD (17.00 horas).
Ademais de concentrarse para non deixar escapar os tres puntos da bomboneira na 24ª xornada, os pupilos de Lucas (45 puntos) terán a vista posta no complicado desprazamento do Pazos de Borbén, que defenderá o segundo posto (46) na pista do 5Coruña FS, oitavo. Ao mesmo tempo tamén estarán á espreita do que lle ocorra ao seu perseguidor máis próximo, O Ventorrillo (44), na casa do líder, O Esteo (55).
O técnico laranxa admite a accesibilidade inicial da cita burelá aínda que tamén insiste en que non hai lugar para a relaxación, ante un equipo que pode dar a sorpresa. “Pode ser un partido complicado; o rival é mellor do que reflicte a súa clasificación, xa nos fixo sufrir na primeira volta, encontro no que tan só puidemos arrincar o empate (4-4). Este partido debe servir para darlle continuidade ao gran rendemento dos adestramentos destes días; foi unha semana de luxo e debemos rematala cos tres puntos”.
Lucas non poderá dispoñer de Aarón, sen recuperarse aínda dunha escordadura de nocello. Manu, que regresou onte aos adestramentos tras outra escordadura, será dúbida.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
