Foz, 8 de marzo de 2013. O Cenima de Foz acollerá do día 15 deste mes de marzo ao 10 de abril unha exposición da pintora Aina Noguera. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura focense.
BalancEO poderá verse na sala de exposicións do Cenima en horario de 9 a 15 horas de luns a sábado. E durante a Semana Santa, tamén de luns a sábado, de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas. A inauguración será o día 15, venres, ás oito da tarde.
Aina Noguera naceu en Palma de Mallorca en 1974, estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona e no ano 2002 veu vivir a Galicia. Reside en Cervo nunha casa de pedra con cheminea fumeante. De entre as paredas desta casa xurde un espazo-tempo onde Aina Noguera traza un camiño paralelo de cor expresivo, viaxeiro e soñador.
A pintora mallorquina xa realizou exposicións coa súa obra en varias vilas da Mariña luguesa e do Occidente asturiano como Cervo, Burela, Viveiro, San Cibrao, Ribadeo, Mondoñedo ou Castropol, ademais de Cedeira, Castro Caldelas e Vilanova dos Infantes.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



