Este 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Observatorio da Mariña pola Igualdade celebrará o seu quinto aniversario de andaina feminista pola Mariña de Lugo. Nestes cinco anos de traballo, leváronse a cabo numerosas actividades nas distintas localidades mariñás, sempre pensadas en prol da igualdade. Charlas-café desde un punto de vista de xénero sobre temas de actualidade, presentacións de libros das nosas escritoras, video-forums para coñecer a situación das mulleres doutras culturas e para visibilizar o traballo das directoras de cinema, campañas e proxectos cos IES mariñás para previr a violencia de xénero no alumnado de secundaria, cursos de fotografía dixital,o concerto Músicas e letras en feminino, para valorar o traballo das artistas da zona, diversas campañas informativas, denuncias públicas, etc.
Co lema “Compartindo loitas coas traballadoras do fogar. 5 anos na defensa da igualdade”, o Observatorio adícalle o Día Internacional das Mulleres 2013 ás traballadoras do fogar e organiza un acto informativo o próximo sábado 9 de marzo, ás 17.00h na Casa das Letras de Ribadeo, sobre a situación deste colectivo indefenso e triplemente explotado: por mulleres, por traballadoras e por exercer un traballo non visibilizado, non equiparado en dereitos no réxime xeral de traballador@s e, polo tanto, ao que se lle cuestiona o carácter de profesión.
No acto contarase con Mar García Pombo, avogada laboralista que fará un repaso pola situación das traballadoras do fogar e dará a coñecer as novas modificacións no réxime deste colectivo que entraron en vigor neste 2013, após das xa realizadas o pasado 1 de xaneiro do 2012.
O colectivo das traballadoras do fogar sempre estivo na axenda do Observatorio da Mariña pola Igualdade. De feito, o primeiro acto que organizou o Observatorio, fai agora cinco anos, foi unha charla informativa para as traballadoras do fogar en Ribadeo e Burela da man da Asociación de Empregadas do Fogar de Compostela Xiara. E o ano pasado, por mor das modificacións na regulación das traballadoras do fogar que entraron en vigor o 1 de xaneiro, organizáronse de novo charlas e levouse a cabo unha importante campaña de información da nova lexislación por toda a Mariña.
Para o Observatorio o 8 de marzo é unha data de celebración, por ser o día Internacional das Mulleres e por cumprir anos de vida a asociación, máis tamén é unha data reivindicativa polos dereitos das mulleres que aínda quedan por conseguir.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



