Unifoz denuncia que “fai uns días o Sr Alcalde de Foz, facía en medios públicos unhas declaracións de insulto a intelixencia, defendendo claramente a postura dos seus xefes políticos do PP e esquecendo aos veciños, incluídos os que o votaron, e ao Hospital da Costa”.
Un Alcalde que se nega a reunirse cos propios traballadores do Hospital, un Alcalde, que so lle interesa a información do seu partido en este tema.
Un Alcalde, que agora nos di, que presentará a proposta de presupostos a mesa sindical, se consensualos antes cos grupos políticos.
Un Alcalde que fai pouco dicía que non se podía asumir o pago da RPT aos traballadores, e si aumentar a produtividade, uns días máis tarde, dicía que podía asumir o 15 % da RPT, e agora que nos dirá pois? Seguramente agora dirá que fixo ben as contas que lle recomendou Unifoz, e que pode asumir ese 30% da RPT, algo que nos acostuma a ver no Alcalde de Foz, que o que di o luns, pode non ter nada que ver como que diga o martes, ou o mércores…
Unifoz, entende que tal decisión, de tirarse ao baleiro cos presupostos municipais so pode obedecer a tres posibilidades:
1ª.-Que os presupostos xa teñan pactados con algún grupo político.
2ª.-Que os presupostos se presenten vinculados a unha cuestión de confianza.
3ª.-Que pretender ir de vítima, e dicir que a culpa é da oposición.
Unifoz quere dicirlle ao goberno do PP de Foz, que os presupostos municipais son algo máis que números e letras.
Os orzamentos, teñen que marcar a folla de ruta na forma de gobernar, ten que ser a declaración de intencións para atender as necesidades que ten o noso pobo, ten que ser un documento serio e crible.
Non podemos seguir negando aos veciños e veciñas a atención a servizos básicos por falta de cartos, e seguir gastando en festas ou en privatización de servizos.
Se nos remitimos aos orzamentos do pasado ano, e máis concretamente ao plan de emprego e o gastado en festas, a experiencia nos di que este goberno é pouco serio e nin cumpre nin os seus propios compromisos.
Unifoz, sigue considerando prioritario para estes orzamentos:
–Plan de emprego. Para Unifoz o plan de emprego é algo máis que un diñeiro nunha partida, por ese motivo, queremos un plan de emprego que responda:
– Ás necesidades do noso pobo, para reforzar servizos (turismo, biblio-praia, axuda no Fogar, limpeza, coidado de zonas verdes, rozado de pistas, socorrismo, electricista).
– Inclusión de persoas con e sen titulación e xoves
– Bases pactadas na Corporación, onde se garanta, publicidade, mérito e capacidade, e situación social.
–RPT. Unifoz considera que o pago do 30 % da RPT, non é unha subida, se non unha débeda do Concello cos traballadores e traballadoras , e que a aplicación da RPT, ten que estar contemplada no orzamento,en cumprimento do acordo da corporación o pasado 25 de febreiro de 2010, do contrario PODERÍA PRESENTARSE RECLAMACIÓN o orzamento.
–Aforro. Unifoz considera que é necesario un plan de aforro, e non seguir gobernando a golpe de talonario como fai este goberno do PP en Foz, onde recordamos unha vez máis que o ano pasado cando so podían gastar 60.000 € en festas, gastaron 129.000 €, e dicindo que non hai cartos para outros servizos máis básicos, coma Axuda no Fogar,neste sentido seguimos pedindo se traballe en Compostaxe, para diminuír a factura de Sogama (250.000 €), así como aforro enerxético para diminuír a factura de consumo e mantemento (550.000 €)
–Melloras na recadación. Unifoz considera que é posible recadar máis sen gravar con máis impostos aos veciños, simplemente coa aplicación máis rigorosa e xusta das ordenanzas.
–Non privatización de servizos. Unifoz non votará a consignación presupostaría para privatizar os servizos de mantemento de xardíns, pois considera, que co persoal municipal, co plan de emprego, e coa colaboración do Obradoiro de Emprego, e reorganización puntual do persoal de outros servizos, hai medios suficientes para facer eses traballos.
–Inversións. Unifoz é consciente de que hai poucas posibilidades económicas para facer inversións, pero dentro de ese marxe, é posible por anualidades inversións decisivas para o Pobo.


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



