O Concello de Ribadeo organiza a VI Xornada Formativa de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local. A temática nesta edición é ‘Os poderes que sustentan a violencia machista’, que se desenvolverá no Cine Teatro de Ribadeo os días 19 e 20 de abril. Ata o momento están inscritas medio centenar de persoas. A inscrición estará aberta ata o vindeiro 19 de abril pola mañá. A matrícula, que é gratuíta, poderá formalizarse persoalmentem enviando a folla de inscrición debidamente cumprimentada por correo ordinario, por fax ao 982 120 888 ou por correo electrónico a cim@ribadeo.org.
Xornada sobre a abordaxe da violencia de xénero en Ribadeo
Xornada sobre a abordaxe da violencia de xénero en Ribadeo
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebra esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo