Ribadeo, 23 de abril de 2013. ACISA sorteará 600 euros en vales de compra na campaña do Día da Nai e repartirá máis de 2.000 craveis na rúa o próximo 5 de maio.
Todos aqueles clientes que fagan as súas compras no comercio tradicional de Ribadeo ata o próximo 5 de maio entrarán no sorteo de 600 euros en vales de compra para gastar nos locia asociados. Segundo explican desde a directiva de ACISA “pondremos en juego un premio de 300 euros, otro de 200 euros y uno más 100 euros, todos ellos en vales de compra. De esta forma queremos potenciar el comercio tradicional ribadense, un referente en toda la zona, tanto en la costa de Lugo como en el Occidente asturiano”. O sorteo terá lugar nas instalacións da Acisa o próximo 8 de maio.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo repartirá nas rúas comerciais o Día da Nai, que se celebra o 5 de maio, domingo, máis de 2.000 craveis, “queremos tener un detalle con todas las mamás ese día. Esta campaña la pusimos en marcha hace algunos años y como ha tenido una muy buena acogida la vamos a repetir de nuevo en este 2013. Lo que tienen que hacer los/as hijos/as, los/as nietos/as es buscarnos por las calles comerciales de Ribadeo ese domingo por la mañana para hacerse con una flor con la que sorprender a las mamás”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



