“Que Estado que queira afondar na democracia pode continuar destinando só o 12% dos seus ingresos aos xestores máis próximos á cidadanía?”, afirma o socialista sobre o financiamento dos concellos, nunha xornada na sede local do PSdeG na Coruña na que presentou as súas conclusións sobre a Reforma Local
Besteiro aporta datos para “desenmascarar a dereita, que di que os concellos son a causa dos males e deben ser tutelados como menores de idade”, e reclámalle ao PP “cordura e diálogo ante unha cuestión de Estado que esixe consenso”, xa que “está en xogo a construcción dun modelo de sociedade”.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo, presidente da Deputación e aspirante á secretaría xeral en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, presentou esta tarde na Xornada de Política Municipal na sede da agrupación local da Coruña as súas conclusións sobre a reforma da administración local, que “secuestra a autonomía dos concellos e é un golpe baixo ao municipalismo”. O socialista solicítalle ao PP “cordura e diálogo” ante “unha cuestión de Estado que esixe consenso”, xa que “está en xogo a repartición do poder político e, consecuentemente, a construcción dun modelo de sociedade”.
Gómez Besteiro presentou datos que “desenmascaran” o “xogo de trileros que intenta facer a dereita”, cun discurso arredor de seis conclusións. Por unha banda, destacou que “a débeda local representa pouco máis do 4,5% do conxunto da débeda pública estatal”, polo que “o mundo local non é o epicentro da débeda pública neste país, como quere facer ver o PP, que di que os concellos son a causa dos males e deben ser reformados e tutelados como menores de idade”. O secretario xeral lucense aportou datos de que, ademais, “o 40% desa débeda local concéntrase só en 10 grandes cidades” de entre os 8.116 municipios que hai en España. “A que lle interesa silenciar o 95,5% de débeda restante?”, preguntouse.
Por outra banda, resaltou que con esta reforma “os concellos de menos de 5.000 habitantes poderán ser intervidos e desaparecer como tal, ou o que é o mesmo, o 83,74% dos municipios en España”, ademais de que “o PP quere marcar os estándares de eficiencia nos de menos de 20.000 habitantes, e sumar eficiencia máis PP é mala cousa”. En terceiro lugar, esixiu “definir claramente cales son as competencias impropias dos concellos, valoralas e que os municipios reciban as compensacións económicas axeitadas”, xa que o obxectivo da dereita é “baleirar de contidos os concellos, privatizar e deixar sen servizos á cidadanía”, o que supón “destruír emprego” cunha perda de ata 220.000 postos de traballo.
Gómez Besteiro advertiu noutra das súas conclusións de que “a pesar do que poida parecer, con esta reforma máis cargos públicos terán dereito a soldo”, e falou do papel e a reforma dos entes intermedios, para o que se referiu aos departments franceses, os kreise alemáns, as provincias finlandesas ou os provinces belgas. “As deputacións socialistas non estamos dispostas a ser os homes de negro do Estado, nin a suplantar os municipios nas súas competencias, senón a asistilos para que as poidan facer efectivas”, afirmou, coa “creación de economías de escala que converten os problemas micro en solucións macro”.
Por último, criticou que ninguén fala da clave, a “suficiencia financeira” do local. “Mentres en Alemaña, Suíza e países escandinavos a participación da administración local nos ingresos do Estado é de entre o 20 e o 25%, no noso país nunca pasou do 13%”, o 12% no pasado ano. “Que Estado que queira afondar na democracia pode continuar destinando só o 12% dos seus ingresos aos xestores máis próximos á cidadanía?”, preguntouse.
Fusións de Concellos
Gómez Besteiro tamén tratou o tema das fusións de concellos que promove o PP. “Para algúns, a primeira reacción que suscita o mapa local galego son as agrupacións forzosas de municipios, ou ben o abandono á súa sorte dos concellos para que o darwinismo económico os elimine”, afirmou o socialista, para quen “a panacea non está na fusión dos concellos e na desaparición dos municipios como realidade política, senón na xestión conxunta dos servizos cara unha visión estratéxica do noso país”.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



