No ano 2001 o goberno local do PP de Viveiro, tomou a decisión de salvar do despece ao pesqueiro artesanal Segunda Flor de Ares para convertelo en monumento, previa reparación de desperfectos e pintura, para ubicalo no parque situado fronte á piscina, hoxe coñecido como Parque de D. Francisco Sampedro Galdo.
O goberno bipartito PSOE-BNG no ano 2005 adquiriu a embarcación A Pomba para facer dela unha aula divulgativa de pesca, que nunca chegou a cristalizar nin houbo intentos para a súa creación. No pleno do 30 de decembro do ano 2010 todos os grupos municipais acordaron o despece do Segunda Flor de Ares e colocar no seu lugar no Parque D. Francisco Sampedro Galdo a embarcación A Pomba.
E no Pleno do 31 de maio do ano 2012, o grupo municipal do PP de Viveiro dentro do apartado de Rogos e Preguntas dirixiuse ao Alcalde sobre a situación destas embarcacións, indicando este que a reparación de A Pomba se fará en terra cando se teña capacidade económica para realizar ditos traballos. Mentres, sobre a embarcación Segunda Flor de Ares o Alcalde da conta que a intención é reparalo, xa que o despece superaría os 5.000 euros ademais do seu traslado a un vertedoiro de Pontevedra.
O PP de Viveiro faise eco dos veciños, no solo de Celeiro, da situación deplorable na que se atopa a embarcación Segunda Flor de Ares desde fai máis de dous anos, o que nos obriga unha vez máis a solicitar publicamente ao Alcalde e ao Delegado de Obras que adopten una decisión para evitar a vergoña pública de ter dita embarcación no parque D. Francisco Sampedro Galdo, cuxa iniciativa inicial, se converteu nun claro símbolo de deixadez e abandono, a imaxe e semellanza do goberno municipal.
Da embarcación A Pomba, o Alcalde recoñece nun medio de comunicación en outubro do 2011 non saber xestionar a súa adquisición para convertelo en Barco-Museo. Non é difícil adiviñar o final desta embarcación, o seu despece ou o seu afundimento, mentres tanto o rexedor se mantén empecinado en manter amarrada a porto a embarcación cun gasto anual mínimo para as arcas do Concello de 4.787,56 euros, ademais do conseguinte risco de que ocorra unha desgraza, pois non é a primeira vez que se soltaron amarras quedando A Pomba á deriva e tendo que ser rescatada por mariñeiros de Celeiro. Por outro lado, dende o PP de Viveiro descoñecemos se dita embarcación está cuberta con algún tipo de seguro que cubra as posibles continxencias en caso de producirse unha máis que probable incidencia, dada a nula vixilancia e inexistente mantemento da mencionada embarcación.
O PP de Viveiro pode afirmar que a día de hoxe o goberno local socialista non cumpriu con ningún dos acordos ou promesas como acostuma ser habitual, e moito menos no prazo de dous meses, prazo que o propio alcalde se dera para buscar unha solución. Polo que unha vez máis esiximos ao goberno local socialista que solucione dunha vez por todas a situación das embarcacións Segunda Flor de Ares e A Pomba e non espere a que ocorra unha desgraza para executar algo que debería estar resolto fai anos.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



