Os socialistas valoran que “haxa 252 persoas máis na provincia que puideran traballar no último mes” pero destacan que “lamentablemente é unha mellora coxuntural no sector servizos” ante “a total ausencia dun proxecto de futuro para Galicia e para a economía da provincia”.
O PSdeG de Lugo valora que o paro descendese en 1.336 persoas no mes de marzo en Galicia, 252 delas na provincia lucense, pero apunta que “lamentablemente os datos fan pensar nunha pequena mellora só coxuntural, centrada no sector servizos por Semana Santa”, e que “os sectores produtivos e estruturais como a agricultura, a gandeiría ou a pesca seguen a derrumbarse”, o que demostra a “total ausencia dun proxecto de futuro para Galicia e para a economía da provincia”, como apunta o deputado e secretario de organización do partido en Lugo, Carlos González Santín.
O socialista destaca tamén a “alarmante situación do desemprego” en Galicia e en Lugo, que “se agravou” no último ano, con case 15.000 parados máis, o que supón un incremento do 5,2%. “Galicia, e Lugo, veñen de vivir baixadas moi importantes no número de traballadores, incluso por riba da media do Estado, polo que haberá que ver os datos dos vindeiros meses para saber se esta situación, de gravidade histórica, empeza a estabilizarse por simple estatística, porque as políticas de impulso do emprego do Goberno do Estado e da Xunta son inexistentes”, critica González Santín. O socialista lembra os recortes do Goberno de Feijóo en promoción de emprego, con 401 millóns de euros menos de investimento con respecto a 2009, e cunha rebaixa de 137 millóns, un 40,4 % menos, en relación ao ano pasado, “cando asistimos ao maior volume de paro en Galicia”.



















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



