Unha victoria e unha derrota, colleita dos equipos base do C.D.Foz que xogaron esta fin de semana.
Así os infantís de Burunda, volveron a perder, esta vez en Santiago ante o titular por un apretado 3-2, e seguen sen saber o que é gañar nesta segunda volta. Só cinco puntos o separan da Milagrosa, equipo que marca o descenso. Se non cambian os resultados, veranse apurados ó remate da tempada para non perder a categoría. O club confía no seu plantel e no seu míster para acadar a ansiada permanencia. Fran e José Miguel foron os autores dos goles focegos.
Pola súa parte, os cadetes desprazáronse a Lugo para xogar contra a Ferroviaria onde gañaron por 2-6. Con este resultado, unido á derrota do Ribadeo, terceiro clasificado, o equipo de Oke consegue a clasificación matemática para xogar a fase de ascenso á Liga Galega. O plantel xa pode ir pensando na preparación da sempre tan difícil e complicada fase de ascenso. O titulo terá que esperar un par de xornadas, xa que a diferencia co segundo é de cinco puntos. Gonzalo, Germán e Dani foron os goleadores, todos por partida dobre.























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
